Segundo o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela (S. XII)

Construido por César Árias e Francisco Luengo

Organistrum

Foto: Tony Esparís

Estruturalmente o organistrum do Pórtico da Gloria comparte características dos instrumentos monóxilos, tallados a partir dun bloque de madeira, e dos construidos a partir de diferentes pezas: os aros están recortados e tallados nun único bloque de madeira, mentres que a táboa harmónica e o fondo son pezas separadas, á vez que a caixa do teclado.

O organistrum é un instrumento de corda frotada por unha roda de madeira. As tres cordas que posúe producen un son simultaneo, que pode ser modulado mediante teclas. Está relacionado co monocordio.

Christian Rault, no seu excelente estudo sobre o organistrum, antes mencionado, analiza catro sistemas para construir o teclado segundo o movemento das teclas: rotación, elevación, traslación (ao modo dunha zanfona), e balance.


É evidente que o sistema de translación, usado en case que a todas as zanfonas, é un referente de primeira orde, e que a típica estrutura de teclas de sección cadrada que asoman por ambos os dous lados do teclado se pode ver en máis dun

Precísanse dous músicos para tocalo: un deles ocúpase da manivela que acciona a roda e de soster con firmeza o instrumento sobre os xeonllos; o outro acciona o teclado para producir as diferentes notas.

Para coñecer máis a fondo este instrumento recoméndase a lectura do profundo estudo de Christian Rault “L’Organistrum, les origines de la vielle a roue” Paris 1985 (Ed. Aux amateurs de livres).

Dous instrumentos deste tipo pódense ver en Santiago de Compostela: o ben coñecido do Pórtico da Gloria, que vemos reproducido enriba, e o menos famoso, pero non menos interesante, do edificio veciño á Catedral, o Pazo de Xelmírez.

De entre todas as representacións do organistrum que se atopan en Europa, aquela do Pórtico da Gloria ten particularidades que a fan especialmente interesante: dunha banda o esmero na súa representación, a abundancia nos detalles construtivos e a perfección nas súas proporcións. Doutra banda o teclado, coas súas doce teclas que establecen un reto conceptual; e a incognita do seu mecanismo, que nos invita a propor unha resposta construtiva e funcional.

A táboa harmónica presenta varias aberturas sonoras, ademais do espléndido rosetón con motivos vexetais, típicos da escola do Mestre Mateo.

A roda está perfectamente colocada en relación á ponte, así como esta á tapa e ao suposto tiro.

Amosa tres grosas cordas.

Organistrum. Portico do Paraiso. Catedral de Ourense

Organistrum. Pazo de Xelmirez. Santiago de Compostela

Consérvanse ademais outros dous en Galicia, ambos os dous en pórticos de igrexas:

en San Nicolas de Portomarín e no Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense.

instrumento, por exemplo no organistrum da Catedral de Ourense. Pódese deducir que este sistema foi utilizado con éxito.


Non obstante, tras experimentar durante moito tempo con este tipo  de teclado, atopamos que o sistema de translación presenta algúns serios problemas funcionais no caso do organistrum do Pórtico da Gloria. Estes problemas son fundamentalmente dous:

-A oscilación que se produce no ventre da corda é tan ampla, que esta bate constantemente contra os tempereiros das teclas, sobre todo nas teclas máis agudas. Isto rompe a vibración, polo que se producen constantes estalos e harmónicos indesexables. Este efecto é especialmente forte mentres o tempereiro se vai achegando á corda.






-A forza necesaria para accionar as teclas tende a separar o instrumento dos xeonllos dos músicos. Isto débese ao tipo de acción: una vez pulsada, a tecla debe voltar á posición de repouso polo seu propio peso. Isto obriga a colocar o organistrum nunha posición moi inclinada para favorecer o retorno, máis do que se pode apreciar no Pórtico.

O músico encargado do teclado acciona as teclas puxando delas cara arriba, ca forza necesaria para interromper a vibración da corda. Esta forza é máis grande do que en principio podería parecer, o que

tende  a elevar o instrumento, separándoo dos  xeonllos dos intérpretes. O encargado da roda debe compensar este efecto presionando fortemente a caixa cara abaixo, contra as pernas de ambos. Isto leva a unha especie de loita entre os dous músicos. O resultado é unha execución inestable e fatigosa, con demasiados ruídos.


O gran protagonismo que ten o organistrum no Ordo Prophetarum que escenifica Actus, levounos a facer unha nova reflexión co fin de construír un instrumento axeitado. Finalmente decidimos que o sistema de balance era o máis adecuado para o organistrum do Pórtico da Gloria.


No Pórtico da Gloria non vemos máis que un extremo das teclas, a parte superior, aquela que o intérprete manexa cos dedos. Esta disposición invita a facer un teclado parecido ao do clavicordio, que ataca as cordas pola parte inferior. As teclas en repouso fican por baixo das cordas, que non atopan obstáculos na súa vibración, xa que ningún elemento vertical estorba o seu movemento.

Os problemas de estabilidade desaparecen con este sistema. O intérprete pulsa as teclas cara abaixo coma nun piano, polo que o instrumento repousa cómodamente sobre as pernas, sen moverse.


Esta é, de momento, a derradeira reflexión que fixemos a redor do organistrum, un instrumento que unha vez foi rei. Esperamos que no futuro máis intérpretes se interesen por el.



                                                    F. Luengo

Foto: Tony Esparís
Foto: Santy López
Foto: Tony Esparís
Foto: Santy López
Foto: Tony Esparís

Para saber máis pódense consultar as seguintes publicacións:

“L’Organistrum, les origines de la vielle a roue” Paris 1985 (Ed. Aux amateurs de livres)

"El Pórtico de la Gloria, Música, Arte y Pensamiento", 1988 editado por Cuadernos de Música en Compostela,

"Los Instrumentos del Pórtico de la Gloria", 1993 editado por Fundación Barrié de la Maza,

“Instruments à cordes du Moyen Age”, 1999 CERIMM, Fondation Royaumont, editado por Créaphis,

Instrumentos de Corda Medievais”, Lugo 2000 editado por Deputación Provincial de Lugo.

Benedicamus Domino

Contáctanosmailto:info@actus.org.es?subject=asunto%20del%20mensajeActus.htmlshapeimage_6_link_0
EventosEventos.htmlEventos.htmlshapeimage_7_link_0
PublicaciónsPublicacions.htmlPublicacions.htmlshapeimage_8_link_0
InicioActus.htmlActus.htmlshapeimage_9_link_0
Instrumentos medievaisInstrumentos.htmlInstrumentos.htmlshapeimage_10_link_0