Vyola
Vyola
Nas miniaturas da cantiga VIII de Santa María do codice “rico” T.I.1 do Mosteiro de El Escorial, aparece representado este instrumento, ao que se nomea “vyola” no texto da cantiga.
Trátase probablemente do instrumento de corda frotada máis importante de toda a Idade Media.
Ten cinco cordas arranxadas en “ordes”.
É o instrumento antecesor da “lira da braccio”, instrumentos estes que probablemente pretendían na súa orixe facer unha recreación renacentista da “antigüidade”, e que dalgún xeito buscaron inspiración nas vyolas.
Saltarello
Intérprete: Xurxo Varela
Segundo o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela (S. XII)
Construida por César Árias e Francisco Luengo
Para saber máis pódense consultar as seguintes publicacións:
"El Pórtico de la Gloria, Música, Arte y Pensamiento", 1988 editado por Cuadernos de Música en Compostela,
"Los Instrumentos del Pórtico de la Gloria", 1993 editado por Fundación Barrié de la Maza,
“Instruments à cordes du Moyen Age”, 1999 CERIMM, Fondation Royaumont, editado por Créaphis,
“Instrumentos de Corda Medievais”, Lugo 2000 editado por Deputación Provincial de Lugo.