Ave Regina
José de Vaquedano (1642-1711)
Do proxecto:
Eclesiástico Canto
A “Capilla Musical de la Catedral de Santiago” participa nos actos litúrxicos celebrados na Catedral Compostelán, así como na recuperación e interpretación do seu rico patrimonio histórico musical.
Está dirixida desde 1988 por Miro Moreira. Interpretou obras dos Mestres de Capela da basílica compostelán en multitud de xiras e concertos nacionais e internacionais: “Stabat Mater” de Buono Chiodi (†1783), “Esos Mozos del Campo”, “Misa Unum Deus”, “Misa de Difuntos”, Oficio y Villancicos de Nadal de M. López (1759-1822), Misa e Villancicos ao Apóstolo de J. de Vaquedano (1642-1711), Motetes de Advento e Coresma de D. de las Muelas (1698-1743), Vésperas o Apóstolo de J. de Nebra (1702-1768), Himnos do Códice Calixtino de S. Tafall (1858-1930).
Dedica especial atención á recuperación de actos litúrxicos tradicionais como a Misa para a Festa do Apóstolo Santiago (Codex Calixtinus), ou as Vésperas Solemnes ao Apóstolo, así como á música sacra composta a partir do Concilio Vaticano II.
Tamén débese destacar a sua intervención en dramas litúrxicos medievais como o Ordo Prophetarum.