Instrumento de arco, de catro cordas.
A escultura orixinal non conserva o mastro, que está roto. O que se adoptou é hipotético, a partir das proporcións do resto do instrumento.
É un instrumento grande que se sostén sobre os xeonllos. Posúe unha “agulla” na parte inferior para axudar a suxeitalo.
É un dos mellores exemplos da experimentación que comezou na segunda metade do século XIII, na que os construtores voltaron aos instrumentos totalmente monóxilos, á procura de novas formas e novas posibilidades acústicas.